Cursos de verán 2008 da USC

A bioinformática como ponte entre a xenética e as súas aplicacións industriais e biomédicas


Aula Magna da Facultade de Matemáticas
Santiago de Compostela, 14-18 de xullo de 2008


30 horas lectivas.
(2 créditos de libre configuración na USC)


Director: José A. Alvarez Dios
Secretario: Manuel Calaza Cabanas

A bioinformática é unha ciencia interdisciplinaria que se ocupa do uso de técnicas matemáticas, informáticas, algorítmicas e estatísticas para resolver problemas biolóxicos, desde a ensamblaxe de xenomas completos até a modelación da evolución. En particular, pretendemos facer ver como a plasmación da xenética en aplicacións prácticas (desde as biomédicas ás industriais acuícolas) só pode facerse maioritariamente a través do uso de técnicas bioinformáticas. Pretendemos con este curso a implicación da USC na formación e transmisión de coñecemento punteiro aos seus alumnos e á sociedade en xeral.

Pincha aquí para o programa do curso.

Pincha aquí para a edición 2007 do curso.