Obxectivos

Os principais obxectivos que se persegue alcanzar neste curso pódense resumir en:

  1. Proporcionar aos alumnos universitarios de primeiro e segundo ciclo unha primeira aproximación a técnicas bioinformáticas sofisticadas tales como os microarrays e os SNPs ás que non teñen acceso nos seus plans de estudo.
  2. Facer unha revisión profunda e crítica das ferramentas bioinformáticas de uso habitual nos laboratorios onde a biología molecular xoga un importante papel, utilizando para iso a análise do virus da gripe aviar como fío condutor.
  3. Poñer de manifesto a importancia dos SNPs en contextos como a investigación biomédica, o diagnóstico de enfermidades e o desenvolvemento de novos fármacos.
  4. Visualizar os microarrays como ferramenta para estudar unha enfermidade xenética, a súa evolución e medir a efectividad dos tratamentos empregados a través dos niveis de expresión génica dos xenes causantes de tal enfermidade.
  5. Proporcionar unha formación práctica no manexo dalgunhas aplicacións bioinformáticas de uso actual nos laboratorios onde se empregan as técnicas mencionadas anteriormente (NCBI influenza virus resource, R, Bioconductor,...)
  6. Mostrar as posibilidades de desenvolvemento profesional no campo da bioinformática. En particular, o crecemento das empresas galegas de acuicultura requirirá persoal especializado en aplicacións bioinformáticas.